Clip Contents Designer
Este complemento úsase para engadir texto ó portapapeis, que pode ser útil
cando queras unir seccións de texto listas para pegarse xuntas. O contido
do portapapeis tamén pode limparse.
Ordes de teclado
- NVDA+windows+c: engade o texto seleccionado, os caracteres braille Unicode
que representan obxectos MathML, ou a cadea que se marcou co cursor de
revisión, ao portapapeis.
- NVDA+windows+x: Limpa o contido do portapapeis.
- NVDA+windows+f9: Marca a posición actual do cursor de revisión como o comezo do texto a engadir ó portapapeis. Se utilizas NVDA+F9, o texto non se engadirá.
- Non asignado: Copia (ou curta) ao/do portapapeis, coa posibilidade de seren preguntado por unha confirmación anterior.
Nota: as ordes anteriores poden cambiarse dende o menú NVDA, submenú
Preferencias, diálogo Xestos de Entrada, categoría Revisión de Texto.
Menú Preferencias
** Opcións do Clip Contents Designer: permite poñer un separador que poda usarse para atopar os segmentos de texto una vez que todo o texto sexa pegado.
Tamén é posible escoller se o texto engadido se anexará ou se anteporá, se hai accións dispoñibles (engadir, valdeirar portapapeis, emular copiar e emular cortar) deberían realizarse inmediatamente ou despois dunha confirmación, e se hai confirmacións se preguntará só se o texto está contido no portapapeis.
Notas:
- A orde anterior pódese cambiar dende o menú NVDA, submenú Preferencias,
diálogo Xestos de Entrada, categoría Configuración.
- Non se deberían de solicitar confirmacións cando siga aberto unha Caixa de
mensaxe do NVDA. Nesos casos, as accións realizaranse inmediatamente
Cambios para 8.0
Cambios para 7.0
- No diálogo para configurar as funcionalidades de Emular copiar e Emular
curtar na instalación, se elixes non, os comandos para estas
características eliminaranse, de xeito que poidas restaurar o
comportamento normal das teclas ctrl+c e ctrl+x.
Cambios para 6.0
- Engadidas opcións para escoller se as accións dispoñibles se deberían realizar despois da confirmación.
- Engadíronse ordes Emular copiar e Emular cortar, qué poderían asignarse dende o diálogo Xestos de Entrada.
- Engadido un diálogo para configurar as funcionalidades Emular copiar e Emular copiar na instalación. Esto permite engadir as ordes control+c e control+x para copiar e curtar, e ser preguntado se queres reemplazar os contidos do portapapeis ao premer estos atallos de teclado.
- Arranxada a documentación para script_add (Windows+NVDA+c).
Cambios para 5.0
- A presentación visual do diálogo mellorouse, engadíndose á aparenza dos
diálogos amosados no NVDA.
- Requírese do NVDA 2016.4 ou posterior.
Cambios para 4.0
- As opción do complemento adminístranse dende a configuración do NVDA, así
que os perfís estándar pódense usar para gardar diferentes separadores, e
non é necesario copiar as opcións para importalas na reinstalación.
- Agora é posible escoller se o texto engadido se anexará ou se anteporá,
usando a casilla de verificación Engadir texto antes de clip data dende o
diálogo Opcións do Clip Contents Designer.
Cambios para 3.0
- Pódese engadir a representación braille de obxectos MathML ó portapapeis
se MathPlayer está instalado.
- Se non se puxo un separador, porase una soa liña entre os segmentos de
texto engadido.
- Pódese asignar un atallo de teclado para abrir o diálogo de opcións do
Clip Contents Designer .
- Engadida unha caixa de verificación no diálogo de opcións, para escoller
se o separador se debería copiar para seren importado cando se reinstale o
complemento.
Cambios para 2.0
- Pódense usar caracteres Hindi como o separador entre contidos engadidos.
Cambios para 1.0
[[!tag dev stable]]