Read Feeds
- Authors: Noelia Ruiz Martínez, Mesar Hameed
Este complemento proporciona unha maneira sinxela de ler fontes en formatos
de RSS ou Atom utilizando NVDA. Os feeds non se actualizarán
automáticamente. No futuro cando mencionemos feeds, referirémonos ós feeds
RSS e ATOM.
Ordes
Diálogo Read Feeds
Podes acceder ó diálogo Read Feeds dende o menú nvda, submenú Ferramentas,
elemento Feeds.
Contén os seguintes controis:
- Filtrar por: unha Caixa de edición para procurar feeds gardados
anteriormente.
- Unha lista das fontes gardadas, enfocada ao abrirse o diálogo.
- Listaxe de artigos: abre un diálogo que amosa a listaxe de artigos do teu
feed actual. Seleciona o artigo que desexes ler e preme Intro ou o botón
Abrir páxina web do artigo selecionado para abrir a páxina correspondente
no teu navegador. Preme o botón Acerca do artigo para abrir un diálogo que
amose o título e a liga do artigo selecionado; dende este diálogo, poderás
copiar esta información ao portapapeis.
- Abrir feed: abre o feed selecionado na aplicación predeterminada.
- Abrir fonte como HTML: Abre a fonte seleccionada no navegador web por
defecto. Poderás ocultar datas de publicación e botóns para copiar
información sobre os artigos ao portapapeis.
- Copiar enderezo da fonte: Abre un diálogo para confirmar se queres copiar
o enderezo da fonte ó portapapeis.
- Novo: abre un diálogo cunha Caixa de edición para introducir o enderezo
dun feed novo. Se o enderezo é válido e o feed pode gardarse, o seu nome,
baseado no título do feed, aparecerá ao fondo da listaxe dos feeds.
- Renomear: abre un diálogo cunha Caixa de edición para renomear o feed
selecionado.
- Borrar: abre un diálogo para borrar o feed selecionado despois dunha
confirmación.
- Configurar predeterminado: configura o feed selecionado coma o
predeterminado, así que o seu artigo pode acederse cos xestos do NVDA.
- Importar fontes dende arquivo OPML: Abre un diálogo para engadir novas
fontes dende un arquivo OPML.
- Gardar fontes en arquivo OPML: Abre un diálogo para gardar as fontes
dispoñibles dende o diálogo de fontes nun arquivo OPML.
- Preferencias: Abre o diálogo de opcións para ReadFeeds, tamén dispoñible
no menú NVDA, Preferencias, Opcións, categoría ReadFeeds.
- Pechar: pecha o diálogo Feeds.
Notas
- A caixa de edición filtrar por pódese poñer despois do botón Abrir artigo
dende o menú NVDA, Preferencias, Opcións, categoría Read Feeds, ou
premendo o botón Preferencias do diálogo de fontes.
- Este panel ten unha opción para amosar as datas dos artigos no diálogo de
lista de artigos.
Ordes de teclado
- Ctrl+Shift+NVDA+Espazo: anuncia a URL actual dos artigos. Premendo dúas
veces abrirá a páxina web.
- Ctrl+Shift+NVDA+8: refresca o feed selecionado e anuncia o seu título máis
recente.
- Ctrl+Shift+NVDA+I: anuncia o título e a liga do feed actual. Premendo dúas
veces copiará o título e a liga relacionada ao portapapeis.
- Ctrl+Shift+NVDA+U: anuncia o título do feed anterior.
- Ctrl+Shift+NVDA+O: anuncia o título do feed seguinte.
Notificacións
- Cando o título ou a URL se copiaran.
- Cando non se pode conectar/refrescar un feed, ou a URL non se corresponde
cun feed válido.
- NVDA amosará unha mensaxe de erro se non se pode crear unha nova fonte.
- O título do diálogo da listaxe de artigos amopsa o nome do feed
selecionado e o número de elementos dispoñibles.
Changes for 34.0.0
- Added support for rss.cbc.ca feeds.
Changes for 21.0
- Feeds with untitled articles can be presented in the Articles dialog, and
opened as HTML.
Changes for 20.0
- universalFeedParser is updated to 5.0.1, adding support for more feeds.
Cambios para 14.0
- Arranxado un erro que facía imposible engadir certas fontes.
Cambios para 13.0
- O complemento non se pode utilizar en pantallas seguras.
- As fontes xestiónanse mediante arquivos OPML.
- Por mor de cambios no sistema de xestión de fontes, hai cambios no arquivo
de configuración onde se establece a fonte por defecto. Por favor, utiliza
o diálogo Fontes se desexas configurala de novo.
- Os teus antigos arquivos de texto utilizados en versións anteriores
importaranse automaticamente no novo formato OPML cando se inicie o
complemento.
- A característica de copiar e restaurar fontes reemprazouse pola
posibilidade de importar dende e gardar en arquivos OPML.
- Pódense procesar fontes malformadas antes de engadirse para facelas
compatibles co complemento.
- No panel de opcións de Read Feeds, unha nova opción permite amosar as
datas dos artigos no diálogo de Lista de artigos.
Cambios para 12.0
- Arranxado un erro polo que os atallos do menú ferramentas de NVDA non
funcionaban como se agardaba.
Cambios para 11.0
- Compatible con NVDA 2021.1
Cambios para 10.0
- Engadido un botón para abrir o feed selecionado como HTML no navegador web
predeterminado.
- Se non se pode crear unha nova fonte, notificarase nun diálogo de erro.
- Mellorada a orde e a presentación dalgúns artigos.
- Poderíanse soportar máis fontes.
- Cando se abre o diálogo de fontes, enfocarase a lista de fontes no canto
da caixa de edición de busca.
- Podes escoller se a caixa de edición de busca se sitúa despois da lista de
fontes, útil para enfocar a lista aínda despois de moverse dende outra
xanela sen pechar o diálogo de fontes.
- Engadido un botón para copiar o enderezo da fonte ao portapapeis dende o
diálogo de fontes.
Cambios para 9.0
- Require NVDA 2019.3 ou posterior.
Cambios para 8.0
- Cando o complemento se actualice, os feeds gardados na versión anterior do
complemento copiaranse automaticamente á nova versión, a menos que
prefiras importar os feeds gardados no cartafol principal de configuración
de NVDA.
- Ao utilizar o diálogo para copiar feeds, se o cartafol escollido non se
chama personalFeeds, crearase un subcartafol con ese nome para previr a
eliminación de directorios que conteñan datos importantes, como Documentos
ou Descargas.
Cambios para 7.0
- O diálogo Fontes contén un botón para abrir un cartafol que podería conter
unha copia de seguridade das fontes.
- Ao usar a caixa de edición para filtrar fontes, se non se atopan
resultados, amosaranse a lista de feeds e outros controis, de tal modo que
NVDA non anuncie "Descoñecido" na lista baleira.
- Se o diálogo lista de artículos non se pode amosar, debido a erros no
feed, por exemplo, NVDA disparará un erro, de modo que o diálogo de fontes
se poida usar sen reiniciar NVDA.
Cambios para 6.0
- Cando se refresca o feed por omisión e deixa de funcionar por problemas no
servidor, os artigos anteriores non se borran e poden lerse coas ordes
correspondentes.
- Solucionada regresión: O feed por defecto pódese actualizar dúas veces
novamente.
Cambios para 5.0
- Mellorouse o diálogo listaxe de artigos.
- Compatible co NVDA 2018.3 ou posterior (requerido).
Cambios para 4.0
- Engadido un botón para abrir o feed selecionado dende o diálogo Feeds.
Cambios para 3.0
- Elimináronse os diálogos para xestionar os ficheiros de feeds. Agora a súa
funcionalidade inclúese no diálogo Feeds.
- Mellorouse a presentación visual dos diálogos, adheríndose á apariencia
dos diálogos amosada no NVDA.
- O feed predeterminado gárdase na configuración do NVDA. Polo tanto, é
posible configurar diferentes feeds predeterminados nos perfís de
configuración.
- Requírese do NVDA 2016.4.
Cambios para 2.0
- A axuda está dispoñible no Administrador de Complementos.
Cambios para 1.0
[[!tag dev stable]]